En canto Addie Bundren agoniza, o seu fillo máis vello, Cash, comeza a construírlle o cadaleito. Así que falece, en pleno mes de xullo, o seu marido e mais os cinco fillos cargan o corpo nun carro tirado por mulas para ir enterrala a Jefferson, cos seus parentes.
Todos os personaxes van narrando, cada un á súa maneira, os pormenores desta odisea, que transita entre a traxedia e a comedia negra, e que retrata a crueza dos anos da Gran Depresión nas zonas rurais dos Estados Unidos.
TEMÁTICA:América, Familia, Ficción clásica, Morte
William Faulkner
William Faulkner naceu en New Albany, Mississippi, o 25 de setembro de 1897. Publicou o seu primeiro libro, The Marble Faun (unha colección de poemas), en 1924, e a súa primeira novela, Soldier’s Pay, en 1926. En 1949, logo de escribir obras como Absalom, Absalom!, As I Lay Dying, Light in August e The Sound and the Fury, Faulkner foi galardoado co Premio Nobel de Literatura. Tamén recibiu o Pulitzer por outras dúas novelas, A Fable (1954) e The Reivers (1962). De 1957 a 1958 foi escritor residente na Universidade de Virginia. Faleceu o 6 de xullo de 1962 en Byhalia, Mississippi.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)








![Karlach, Fury of Avernus (Rainbow Foil) [Secret Lair Drop Series]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/055f14e3-5702-5152-abff-7215763fec15.png?v=1756344443)
![Sanguine Bond [Secret Lair Drop Series]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/c6437848-62fa-56c8-95fe-1a6d37ce7459.png?v=1757109028)


![Overlord of the Mistmoors (Extended Art) [Duskmourn: House of Horror]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/4fc247a8-be68-5e28-928c-021afe8b0699.png?v=1776390171)